Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 22 de decembro de 1999 Páx. 14.996

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público 70/1999.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias

en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia nº 88, do 11 de maio) e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, acorda darlles publicidade ás adxudicacións dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde-Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, As Xubias de Arriba, 84; 15006-A Coruña.

2. Modalidade de adxudicación elixida: procedemento aberto, concurso.

3. Obxecto do contrato, número CPA:

Concurso público: 70/1999.

Subministración de cadeiras de rodas infantís.

Lote 1: cadeira infantil de empuxe stándard.

Lote 2: cadeira infantil de empuxe posicionadora.

Lote 3: cadeira infantil de gran discapacidade.

Lote 4: cadeira infantil autopropulsable.

Cantidades: indicadas no modelo de proposición económica que se xunta na documentación facilitada.

4. Data de adxudicación do contrato: 9-11-1999.

5. Criterios de adxudicación do contrato: as establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares da subministración.

6. Ofertas recibidas: catro.

7. Nome e enderezo do provedor ou provedores:

Lote 1: Establecim. Ortopédicos Prim, S.A.; Rey Abdullah, 9; 15004-A Coruña (España).

Lote 2: Orto-Reha, S.L.; Palomar, 10; 15004 A Coruña (España).

Lote 3: Establecim. Ortopédicos Prim, S.A.; Rey Abdullah, 9; 15004-A Coruña (España).

Lote 4: Establecim. Ortopédicos Prim, S.A.; Rey Abdullah, 9; 15004-A Coruña (España).

8. Prezo pagado:

Lote 1: 10.350.000 ptas. (62.204,75 euros).

Lote 2: 12.163.950 ptas. (73,106,81 euros).

Lote 3: 11.100.000 ptas. (66.712,34 euros).

Lote 4: 15.900.000 ptas. (95.560,92 euros).

9. Valor do contrato que pode ser obxecto de subcontratación:

10. Outras informacións:

11. Data de publicación do anuncio do contrato no BOE, Diario Oficial das Comunidades Europeas e no Diario Oficial de Galicia:

Diario Oficial das Comunidades Europeas: 18-9-1999.

BOE: 16-9-1999.

Diario Oficial de Galicia: 17-9-1999.

12. Data de envío do presente anuncio: 24 de novembro de 1999.

13. Data de recepción do presente anuncio:

A Coruña, 11 de novembro de 1999.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña