Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 22 de decembro de 1999 Páx. 14.997

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1999, da Dirección Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (área sur), pola que se anuncia a contratación do servicio de limpeza, por procedemento aberto mediante concurso público e tramitación anticipada de expediente de gasto, do Centro de Saúde de Lavadores.

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (área sur), en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Nº de expediente: 1/00 S.

1. Obxecto: contratación dos servicios de limpeza das dependencias onde se situa o Centro de Saúde de Lavadores e o almacén de subministracións de Atención Primaria, sitos en Vigo, 1ª Travesía Barreiro nº 36.

2. Orzamento: 6.000.000 de ptas. por anualidade (IVE incluído), 36.060,73 euros.

3. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2000. Sen prexuízo disto, o contrato poderá prorrogarse por acordo expreso das partes antes do seu remate e por períodos anuais sen que a duración total del, engadidas as prórrogas poida exceder de seis anos.

4. Fianzas.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: será do 4% do orzamento de licitación.

5. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

6. Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

7. Solvencia técnica: acreditarase mediante calquera dos medios establecidos no artigo 19 da Lei 13/1995, de contratos das administración públicas.

8. Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula décima do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen este concurso.

9. Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares pode ser solicitado na Xerencia de Atención Primaria, rúa México 26-1ª planta 36204 Vigo, teléfono 986 81 64 66, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

10. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria (rúa México,26-4º, 36204 Vigo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

11. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, rúa de México 26-6ª planta de Vigo, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

12. Documentación que deberán achega-los licitadores: a sinalada no punto oito do prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Anuncios: o pagamento dos anuncios deste concurso público será por conta do adxudicatario.

Vigo, 22 de novembro de 1999.

Alberto García Pazos

Director xerente de Atención Primaria de

Pontevedra-Vigo