Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 22 de decembro de 1999 Páx. 14.996

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 116/1999.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias

en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia nº 88, do 11 de maio) e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, acorda darlles publicidade ás adxudicacións dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicataria:

Organismo: Servicio Galego de Saúde-Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, As Xubias de Arriba, 84; 15006 - A Coruña.

Número de expediente: C.P. 116/1999.

2. Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: contrato de subministración.

Descrición do obxecto: equipamento de anestesia e reanimación. Plan Necesidades 1999.

Lotes:

Lote 1: respiradores volumétricos.

Lote 2: monitores camas de críticos.

Anuncio de licitación publicado en Diario Oficial de Galicia nº 105, do 3 de xuño de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Orzamento total: 31.500.000 ptas. (189.318,81 euros).

5. Adxudicación:

Data: 2 de novembro de 1999.

Contratistas:

Lote 1: Drager Hispania, S.A. 13.500.000 ptas. (81.136,63 euros).

Lote 2: Diagniscan, S.A. 18.000.000 de ptas. (108.182,18 euros).

Orzamento total: 31.500.000 ptas. (189.318,81 euros).

A Coruña, 4 de novembro de 1999.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña