Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 22 de decembro de 1999 Páx. 14.986

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, sobre aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos terreos afectados polo espacio libre de carácter público lindeiro coa cidade deportiva da Torre no concello da Coruña.

Antecedentes:

-O Concello da Coruña remitiu á Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras

Públicas e Vivenda na Coruña expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos afectados polo espacio libre lindeiro coa cidade deportiva da Torre, de conformidade co artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (LSG).

Fundamentos xurídicos:

Primeiro.-O proxecto de expropiación forzosa tramitouse polo procedemento de taxación conxunta de conformidade co disposto no artigo 145 da LSG.

Segundo.-O proxecto de expropiación forzosa aprobouse inicialmente por resolución da Alcaldía-Presidencia do Concello da Coruña, o 24 de febreiro de 1999 e foi sometido a información pública polo prazo dun mes anunciándose no DOG nº 47, do 9 de marzo de 1999, no BOP nº 56, do 10 de marzo de 1999, e nos xornais La Voz de Galicia e Ideal Gallego, do 12 de marzo de 1999.

Terceiro.-As taxacións foron notificadas individualmente ós que aparecen como titulares de bens e dereitos no expediente, procedéndose a notificar igualmente ó fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nos casos nos que non se puido practica-la notificación ós interesados por seren os predios de titularidade descoñecida ou incluso por descoñecerse quen puidera integra-la totalidade das comunidades hereditarias existentes e trasladando literalmente a correspondente folla de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formularan alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación, tal e como sinala o artigo 145.4º da LSG.

Cuarto.-Por resolución da Alcaldía-Presidencia do Concello da Coruña, do 19 de maio de 1999, acordouse aproba-los informes relativos ás alegacións feitas polos interesados e remiti-lo proxecto de expropiación á Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda na Coruña para a súa aprobación definitiva tal como sinala o artigo 145.6º da LSG.

Quinto.-No Concello da Coruña está vixente o Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado o 19 de setembro de 1998 (PXOM).

Os terreos que se pretenden expropiar están clasificados como solo urbano coa cualificación de sistema xeral de espacios libres de carácter público e aparecen ordenados polo Plan Especial de Ordenación, Protección e Mellora da Península da Torre, tramitado en execución do disposto no artigo 20 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico especial e aprobado definitivamente o 14 de marzo de 1997. Este planeamento de desenvolvemento resultou parcialmente afectado polas determinacións do novo PXOM, xa que se modificaron as cualificacións dalgúns dos terreos afectados, pero as ditas modificacións no afectaron as parcelas que se pretenden expropiar, xa que seguen mantendo a cualificación de sistema xeral de espacios libres.

En consecuencia de acordo cos artigos 119 e 124.3º en relación co 152.1º da LSG resulta acreditada a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens afectados.

Sexto.-Os criterios de valoración fixados no proxecto de expropiación axústanse ó contido do artigo 28 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime de solo e valoracións, segundo informe do xefe de sección da oficina técnica do Concello da Coruña, do 26 de outubro de 1999, resultando deste informe uns valores inferiores ós utilizados no expediente expropiatorio, non obstante decidiuse manter polo órgano municipal as follas de aprecio aprobadas ó inicio do expediente nas que se tomaba como referencia o prezo de transaccións na zona, feitas polo propio concello.

Sétimo.-O artigo 1.3º da Orde do 19 de agosto de 1997 (DOG nº 166, do 29 de agosto) delega nos delegados provinciais a competencia para a aprobación dos expedientes de expropiación forzosa nos supostos de procedemento de taxación conxunta.

Á vista de canto antecede,

RESOLVO:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos terreos afectados polo espacio libre de carácter público lindeiro coa cidade deportiva da Torre, no concello da Coruña, facendo constar que a aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación de conformidade co establecido no artigo 146.1º da LSG.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos núms. 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación de prezo xusto (artigo 146.2º da LSG).

Segundo.-Notifica-la resolución aprobatoria do expediente a tódolos interesados titulares dos bens e dereitos que figuran nel, conferíndolles un termo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito ante esta delegación provincial a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 145.7º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, advertíndolles que transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 145.8º da LSG).

Terceiro.-Publica-la presente resolución así como a relación dos seguintes bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello:

Predio

Propietarios

Superficie

m

Valoración

ptas.

1José Galán Sequeiros e Blanca Fernández Santos2356.691.111

2Manuel López Matos e Mª J. Muíños Regueira6634.420.553

3Valeriano Budiño Ramos e Carmen Baamonde Rico8605.734.050

Predio

Propietarios

Superficie

m

Valoración

ptas.

4Manuel Baldomir Candame e outros1.52610.174.605

5Herdeiros Consuelo Almoyna Pernas:

José Manuel Almoyna Pernas, José Ramón, Javier, Beatriz, Alberto e Álvaro Almoyna Sales; Román, Javier, Consuelo, Julio e José Manuel Almoyna Sánchez, Lorenzo, Mª Elisa, Luis Carmelo e Ramón Mª Gómez Almoyna; usufructuaria Ana Mª Sánchez Fernández

6384.253.865

Así mesmo, a publicación e exposición no taboleiro de edictos do concello servirá de notificación ós propietarios descoñecidos, dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben, tramitada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro).

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución (Art. 116, 117 e 48 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ó da notificación (Art. 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa).

Para o caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se producira a desestimación presunta, non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo (Art. 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

A Coruña, 16 de novembro de 1999.

Jesús Almuiña Loeda

Delegado provincial da Coruña