Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Avda. Ordóñez, 29.
Situación: Tomiño.
Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 115 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. existente ó C.T. Goián ata o C.T. que se proxecta na Avda. Ordóñez, 29, concello de Tomiño. C.T., de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 235 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 2 de novembro de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra