Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 22 de decembro de 1999 Páx. 14.974

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 324/1999, do 16 de decembro, de asunción da ampliación de funcións e servicios da Administración do Estado, realizada polo Real decreto 1749/1999, do 19 de novembro, traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de ensinanzas profesionais naútico-pesqueiras polos reais decretos 1283/1987, do 2 de outubro, e 1378/1997, do 29 de agosto, e a súa asignación á Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Polos reais decretos 1283/1987, do 2 de outubro, e 1378/1997, do 29 de agosto, amplíanse as funcións e servicios traspasados pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de ensinanzas profesionais náutico-pesqueiras.

Parece, pois, conveniente asumir de forma expresa tales funcións e servicios, nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias e asignárllelos ós órganos correspondentes da Administración galega.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de decembro de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Queda asumida a ampliación das funcións e servicios da Administración do Estado, realizada polo Real decreto 1749/1999, do 19 de novembro, traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polos reais decretos 1283/1987, do 2 de outubro, e 1378/1997, do 29 de agosto, en materia de ensi

nanzas profesionais náutico-pesqueiras, nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias publicado como anexo ós ditos reais decretos.

Artigo 2º

Asígnaselle á Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura a ampliación das funcións e servicios asumidos de conformidade co artigo anterior.

Os órganos da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura exercerán as actuacións que lles correspondan conforme as normas que regulen a súa estructura.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución do previsto neste decreto e para adopta-las medidas precisas para a plena efectividade e executividade práctica da ampliación das funcións e servicios traspasados.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaseis de decembro de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública