Polo Real decreto 1752/1999, do 19 de novembro, amplíanse os servicios da Administración do Estado traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, en materia de educación.
Procede, en virtude do citado traspaso, asumir de forma expresa a devandita ampliación de servicios, nos termos e condicións especificadas no acordo da Comisión Mixta de Transferencias e asignala ós órganos correspondentes da Administración autonómica galega.
Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de decembro de mil novecentos noventa e nove,
DISPOÑO:
Artigo 1º
Queda asumida a ampliación de servicios da Administración do Estado realizada polo Real decreto 1752/1999, do 19 de novembro, adscritos ós servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, en materia de educación, nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias publicado como anexo ó dito real decreto.
Artigo 2º
1. Asígnaselle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a ampliación de servicios asumidos de conformidade co disposto no artigo anterior.
2. Os órganos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, exercerán as atribucións que lles correspondan conforme as normas que regulan a súa estructura.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución do presente decreto e para adopta-las medidas precisas para a plena efectividade e executividade práctica da ampliación de servicios traspasados.
Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, dezaseis de decembro de mil novecentos noventa e nove.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública