Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 22 de decembro de 1999 Páx. 14.973

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 322/1999, do 16 de decembro, de asunción da ampliación de medios da Administración do Estado, realizada polo Real decreto 1751/1999, do 19 de novembro, adscritos ós servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, en materia de educación, e a súa asignación á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Polo Real decreto 1751/1999, do 19 de novembro, amplíanse os medios da Administración do Estado traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, en materia de educación.

Procede, en virtude do citado traspaso, asumir de forma expresa a devandita ampliación de medios, nos termos e condicións especificadas no acordo da Comisión Mixta de Transferencias e asignala ós órganos correspondentes da Administración autonómica galega.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de decembro de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Queda asumida a ampliación de medios da Administración do Estado realizada polo Real decreto 1751/1999, do 19 de novembro, adscritos ós servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, en materia de educación, nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias publicado como anexo ó dito real decreto.

Artigo 2º

1. Asígnaselle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a ampliación de medios asumida de conformidade co disposto no artigo anterior.

2. Os órganos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria exercerán as atribucións que lles correspondan conforme as normas que regulan a súa estructura.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, para dictar cantas dispo

sicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución do presente decreto e para adopta-las medidas precisas para a plena efectividade e executividade práctica da ampliación de medios traspasados.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaseis de decembro de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública