Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 22 de decembro de 1999 Páx. 14.975

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 325/1999, do 16 de decembro, sobre asunción da ampliación dos medios adscritos ós servicios da Administración do Estado e traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polos reais decretos 1375/1997, do 29 de agosto e 232/1998, do 16 de febreiro, en materia de xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego no ámbito do traballo, o emprego e a formación, traspasados polo Real decreto 1750/1999, do 19 de novembro e a súa asignación á Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Por Real decreto 1750/1999, do 19 de novembro, procedeuse á ampliación de medios adscritos ós servicios da Administración do Estado traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polos reais decretos 1375/1997, do 29 de agosto e 232/1998, do 16 de febreiro, en materia de xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego no ámbito do traballo, o emprego e a formación.

Procede, na súa virtude, asumir de forma expresa a ampliación en relación ós medios nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión

Mixta de Transferencias do 8 de outubro de 1999 e da relación anexa e asignárllela ós órganos correspondentes da Administración autonómica galega.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaseis de decembro de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Queda asumida a ampliación dos medios traspasados pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de xestión do traballo, o emprego e a formación, en virtude do Real decreto 1750/1999, do 19 de novembro, nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias, do 8 de outubro de 1999, que se publica como anexo ó dito real decreto.

Artigo 2º

A ampliación dos medios traspasados, de conformidade co disposto no artigo anterior, asignarase á Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaseis de decembro de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública