Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 21 de decembro de 1999 Páx. 14.968

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle da U.E.IV-04 Ramón Nieto 1 (expediente 5108/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 25 de outubro de 1999, acordou aprobar defintivamente o estudio de detalle da U.E.IV-04 Ramón Nieto 1, presentado pola entidade Edificaciones y Desarrollos Inmobiliarios Galaicos, S.A., redactado polo arquitecto Ricardo Salgado Salgado con datas de visado polo COAG do 11 de febreiro, 25 de marzo e 22 de abril de 1999.

Contra o devandito acordo que pon fin a vía administrativa poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou intentada esta non se puidese practicar.

Vigo, 17 de novembro de 1999.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo