Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 21 de decembro de 1999 Páx. 14.968

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILABOA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidad adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Vilaboa.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adxudicación por concesión da xestión indirecta do servicio público de utilización do pavillón de Riomaior.

b) Lugar de exeucción: Riomaior (Vilavoa).

c) Parzo de execución: un ano prorrogable.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Garantías.

Provisional: 13.497 ptas.

Definitiva: 4% do prezo.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Vilaboa.

b) Domicilio: Toural, 1.

c) Localidade e código postal: Vilaboa, 36141.

d) Teléfono: 986 70 82 15.

e) Telefax: 986 70 83 87.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a de presentación de ofertas.

6. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP ou no DOG (última publicación).

b) Documentación que se presentará: a que figura na cláusula 14.2º do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral.

7. Apertura das ofertas.

O terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación das proposicións (salvo que coincida en sábado, xa que neste caso se trasladará ó día seguinte hábil, ás 12 horas.

8. Outra informacións.

a) Criterios de adxudicación do concurso.

Pertencer a un club ou sociedade deportiva de ámbito pertencente a este municipio: 0,27 puntos.

Experiencia acreditada na prestación de servicios públicos de utilización de pavillóns deportivos municipais: 0,25 puntos.

Menor contraprestación económica ofertada en favor do concesionario: 0,24 puntos.

Menores tarifas: 0,24 puntos.

b) Exposición pública do prego de cláusulas: por oito días seguintes ó da publicación do anuncio no BOP ou DOG (última publicación).

9. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Vilaboa, 15 de novembro de 1999.

O alcalde

Rubricado