Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 21 de decembro de 1999 Páx. 14.967

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (383/1999).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, na súa sesión do día 25 de novembro de 1999, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente por instancia de Manuel Freijeiro Mato presidente da Xunta de Compensación do Sector A-6 do PXOU de Ourense o proxecto de ocupación dos terreos de Noberto Rodríguez González e a súa dona Alicia González Gómez na súa condición de propietarios non incorporados a Xunta de Compensación do Sector A-6.

2. Someter a información pública polo prazo de vinte días mediante publicación no DOG e notificación persoal a todos os propietarios afectados a excepción dos que renunciaran voluntariamente a notificación persoal, tanto no proxecto de ocupación dos terreos como o proxecto de compensación do

sector A-6, do PXOU de Ourense, aprobado inicialmente pola Xunta de Compensación do dito sector en sesión do 2 de novembro de 1999.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia sométese o citado expediente, a exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte á ultima publicación oficial deste anuncio, para que tódolas persoas interesadas poidan presenta-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 10 de decembro de 1999.

José Luis Rodríguez Cid

Alcalde accidental