Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 21 de decembro de 1999 Páx. 14.967

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (295/1999).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 5 de novembro de 1999 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«O Concello Pleno, acordou, por unanimidade, darse por informado o Pleno Corporativo do contido documento avance do plan especial de protección e reforma interior do conxunto de interese etnográfico de Seixalbo, do estado da súa tramitación regulamentaria e da continuación dela para o inicio da súa exposición ó público.».

De conformidade co disposto no artigo 41 da Lei de Galicia 1/1997, do 24 de marzo, sométese a expo

sición pública polo prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte á publicación oficial deste anuncio, durante o cal as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que estimen oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que estimen procedentes.

Ourense, 16 de novembro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente