Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 21 de decembro de 1999 Páx. 14.954

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública para estudio ambiental, autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto de parque eólico de Lugo. (Expediente 032-EOL).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, os decretos 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométense a información pública, por solicitude da empresa Made Energías Renovables, S.A., as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública:

-Estudio ambiental.

-Proxecto sectorial.

-Autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto parque eólico de Lugo.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Peticionario: Made Energías Renovables, S.A., Paseo de la Castellana, 95, Edificio Torre Europa, planta 29, 28046 Madrid.

Situación: concellos de Muras, Abadín e O Valadouro (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(0.614.985, 4.815.280), V(0.615.728, 4.814.997)

V(0.616.095, 4.813.938), V(0.616.629, 4.813.962)

V(0.617.038, 4.813.726), V(0.617.107, 4.813.364)

V(0.615.000, 4.812.953), V(0.614.885, 4.813.304)

V(0.615.445, 4.813.471), V(0.615.105, 4.814.133)

V(0.615.531, 4.814.352), V(0.615.409, 4.814.705)

V(0.614.666, 4.814.988), V(0.614.510, 4.815.293)

Características técnicas do parque eólico:

-Nº de aeroxeradores: 36.

-Potencia nominal unitaria: 660 kW.

-Potencia total instalada: 23,76 MW.

-Tipo de aeroxerador: MADE AE-46/I.

-Producción neta anual estimada: 71.413 MWh/ano.

-Orzamento total: 3.296.919.178 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

-36 aeroxeradores tipo MADE AE-46/I de 660 kW de potencia nominal unitaria.

-36 centros de transformación de 700 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente no interior de torre de aeroxerador coa súa correspondente aparamenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión soterradas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora 20/132 kV, situada no veciño parque eólico de Leboreiro.

Afección de predios particulares:

O tipo de afección dos predios ocupados será de ocupación de pleno dominio.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante, e que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como as persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que consideren oportunas, nesta delegación provincial sita no edificio administrativo Ronda da Muralla, 70 (27071 Lugo), no prazo de 30 días contados a partir da última publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico de Lugo, poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, e concellos de Muras

e Abadín e O Valadouro, podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o devandito prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

É de facer constar que esta publicación se realizará igualmente para os efectos determinados polo artigo

59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben, cando, tentada a notificación, non se puidese realizar.

Lugo, 3 de decembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios

Afección de pleno dominio

Obra: parque eólico Lugo.

Concello: Muras.

Nº de

predio

en plano

Propietario

Domicilio

Termo municipal

do predio

Superficie

en ha

Clasificación

Lugar

Lindeiros

1Monte en man común.

Comunidade de Tenente Xistral.

Presidente: Jorge Rodríguez Vázquez

Porto do Rego-Viveirón

27837 Muras (Lugo)

Muras24,0738M/baixoXistralN. Resto predio

S. Comunidade da Balsa

L. Resto predio e Comunidade do Cadramón

O. Resto predio

2Monte en man común.

Comunidade da Balsa.

Presidente: Francisco Reigosa Trastoy

Aguillao-A Balsa

27817 Muras (Lugo)

Muras5,925M/baixoXistralN. Comunidade Tenente Xistral

S. Resto predio

L. Resto predio e Comunidade de Montouto

O. Resto predio

Obra: parque eólico Lugo.

Concello: Abadín.

Nº de

predio

en plano

Propietario

Domicilio

Termo municipal

do predio

Superficie

en ha

Clasificación

Lugar

Lindeiros

3Monte en man común.

Comunidade de Montouto.

Presidente: Jesús Vizoso Coira

Bar A Ponte

27737 Montouto-Abadín

(Lugo)

Abadín0,3273M/baixoXistralN. Comunidade do Cadramón

S. Resto predio e Comunidade da Balsa

L. Resto predio

O. Comunidade da Balsa

Obra: parque eólico Lugo.

Concello: O Valadouro.

Nº de

predio

en plano

Propietario

Domicilio

Termo municipal

do predio

Superficie

en ha

Clasificación

Lugar

Lindeiros

4Monte en man común.

Comunidade do Cadramón.

Presidente: Ricardo Campo García

O Tituelo, O Cadramón

27770 O Valadouro (Lugo)

O Valadouro12,2293M/baixoXistralN. Resto predio

S. Comunidade de Montouto

L. Resto predio

O. Resto predio