Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 21 de decembro de 1999 Páx. 14.955

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores AG-SA-131/99-PO e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notificáselles as persoas que no anexo se mencionan a incoación do expediente sancionador por infracción en materia de epizootias, regulada no Decreto do 4-2-1955.

Que así mesmo designo instructora do expediente a Ramona Celia Fernández Álvarez e secretaria a María Magdalena Santiago Pereira.

O que se notifica, para oss efectos previstos no artigo 58 da devandita lei, podendo recusalas en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

Pontevedra, 12 de novembro de 1999.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-131/99-PO.

Denunciado: Juan Carlos Cabaleiro Salgado.

Último enderezo coñecido: As Cardosas nº 1 portal 12 Redondela.

Feito denunciado: falta do certificado de inscrición do vehículo, falta de carné de tratante e falta de guía de orixe e sanidade pecuaria.

Data do acordo de incoación: 4-10-1999.

Preceptos infrinxidos: incumprimento dos artigos 212, 213 e 52.4º do Decreto do 4-2-1955 polo que se aproba o Regulamento á Lei de epizootias de 20-12-1952.

Precepto sancionador: artigos 212, 213 e 224 do Regulamento de epizootias, segundo a actualización das sancións realizada polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio.

Sanción: de 24.000 pesetas, segundo o artigo 212, de 10.000 pesetas, segundo o artigo 213 e de 15.000 pesetas, segundo o artigo 224.

Expediente: AG-SA-145/99-PO.

Denunciado: Graciana Pérez Comesaña.

Último enderezo coñecido: Vilariño de Abaixo-A Ramallosa-Nigrán.

Feito denunciado: oposición á colaboración para o saneamento dos animais.

Data do acordo de incoación: 21-10-1999.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 2.1º.3 Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño.

Precepto sancionador: artigo 2.1º.3 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño.

Sanción: de 25.000 pesetas, segundo o artigo.

Expediente: AG-SA-147/99-PO.

Denunciado: Manuel Capón Carrascoño.

Último enderezo coñecido: r/ Independencia, 4 Vigo.

Feito denunciado: falta do certificado de inscrición do vehículo e falta de guía de orixe e sanidade pecuaria.

Data do acordo de incoacción: 22-10-1999.

Preceptos infrinxidos: incumprimento dos artigos 212 e 52.4º do Decreto do 4-2-1955 polo que se aproba o Regulamento á Lei de epizootias do 20-12-1952.

Precepto sancionador: artigos 212 e 224 do Regulamento de epizootias, segundo a actualización das sancións realizada polo Real decreto 1655/1976, do 7 de maio.

Sanción: de 9.954 pesetas, segundo o artigo 212 e de 15.000 pesetas segundo o artigo 224.