A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios
Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) convoca os seguintes concursos:
-Expediente 10/00.
1. Obxecto: adquisición de lencería de liso, rizo e forma.
2. Orzamento: 32.207.825 ptas. 193.572,92 euros. IVE incluído.
-Expediente 11/00.
1. Obxecto: adquisición de neceseres e contedores.
2. Orzamento: 10.593.050 ptas. 63.665,51 euros. IVE incluído.
-Expediente 14/00.
1. Obxecto: adquisición de víveres medicinais.
2. Orzamento: 34.582.500 ptas. 207.845,02 euros. IVE incluído.
As condicións que rexerán tódolos expedientes relacionados son:
Prazo de execución: desde a formalización do contrato e ata o 31-12-2000.
Adquisición de variantes: admitirase como máximo unha variante por artigo.
Garantía provisional: non se esixe.
Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.
Clasificación: non se esixe.
Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio. BOE nº 119, do 19 de maio).
Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (BOE nº 119, do 19 de maio).
10. Criterios de adxudicación: ver folla de especificacións (punto 7).
11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22-36204 Vigo, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas ou ó teléfono nº 986 81 60 23 e fax nº 986 81 60 65.
12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, no rexistro Xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal, económica e referencias técnicas descritas no PCAP.
14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral, ás 8,30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicions terá lugar no día hábil seguinte.
15. Anuncios: o importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios dos contratos.
Vigo, 20 de novembro de 1999.
José Manuel González Álvarez
Director xerente do Complexo Hospitalario
Xeral-Cíes de Vigo