Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 20 de decembro de 1999 Páx. 14.907

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1999 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, con tramitación urxente, para a contratación do servicio de limpeza das dependencias do Instituto Galego de Estatística.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato de servicio suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Insituto Galego de Estatística.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica-Administrativa.

c) Número de expediente: 227.00/01.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: prestación do servicio de limpeza das dependencias do Instituto Galego de Estatísitca.

b) Prazo de duración: 12 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 5.000.000 de pesetas (30.050,60 euros).

5. Garantía provisional: 100.000 pesetas. (601,01 euros).

6. Obtención de documentación e información: poderán retirala no Negociado do Rexistro do IGE, complexo administrativo San Lázaro, San Lazáro s/n, Santiago de Compostela. CP 15703. Teléfono 981 54 13 12 e fax 981 54 13 23.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exise.

b) Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas: presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, no rexistro do IGE en horario de 9 á 14 horas ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

No caso de que as proposicións se envién por correo, aplicarase o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

9. Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas económicas: o noveno día seguinte ó do remate de presentación de proposicións, ás 12 horas nas dependencias do IGE; en caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

O importe do presente anuncio será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 1999.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística