Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 20 de decembro de 1999 Páx. 14.907

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 16 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación do inicio do expediente sancionador simplificado 32.107/1999 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa relacionada a continuación (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente sancionador simplificado nº 32.107/1999 por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se lle comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións, documentos ou informacións estime convenientes e, de se-lo caso, a proposición e práctica de probas, advertíndolle á persoa interesada que lle queda posto de manifesto o expediente e que de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 32.107/1999.

Inculpado: José Antonio González Quintela.

Domicilio: r/ Camelias, nº 20. Ourense.

Motivos: non contesta-lo requirimento efectuado por este servicio.

Data do inicio: 13-9-1999.

Ourese, 16 de novembro de 1999.

Antonio Aguarón Turrientes

Xefe do Servicio Provincial do Instituto

Galego de Consumo