Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 20 de decembro de 1999 Páx. 14.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 15 de novembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da iniciación do expediente sancionador 15-635/1999, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27-11-1992), notifícaselle ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que, así mesmo, se indica) a iniciación do expediente nº 15-635/1999 por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións documentos e informacións estime convenientes e, se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertindo ó interesado que lle queda posto de manifiesto o expediente, e que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 15-635/1999.

Inculpado: Grupo Goncasse, S.L.

Domicilio: Alcalde Lens, nº 20. A Coruña.

Motivos: deficiente prestación dun servicio.

Data da iniciación: 23-9-1999.

A Coruña, 15 de novembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial do Instituto Galego de Consumo