Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 20 de decembro de 1999 Páx. 14.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral Cíes de Vigo, pola que se anuncia contratación, mediante procedemento aberto, concurso público e tramitación urxente, para a adquisición de equipamento para a unidade de reproducción asistida do complexo hospitalario para o ano 2000.

-Expediente 15/00.

1. Obxecto: adquisición do seguinte equipamento para a unidade de reproducción asistida: 1 incubadora, 3 microscopios, 1 equipo de micromanipulación, 1 conxelador biolóxico programable e 1 ecógrafo de alta definición con sonda transvaxinal.

2. Orzamento: 15.217.200 ptas., IVE incluído. (91.457,22 euros).

3. Prazo de execución: 45 días desde a notificación da adxudicación do contrato.

4. Admisión de variantes: admitirase como máximo unha variante por producto.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio. BOE nº 119, do 19 de maio).

9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas. (BOE nº 119, do 19 de maio)

10. Criterios de adxudicación: ver folla de especificacións (punto 6).

11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22-36204 Vigo, en días laborables desde as

9 ata as 14 horas. Teléfono nº 986 81 60 23/81 60 28 e fax nº 986 81 60 65.

12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, no Rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral da contratación do Estado.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal, referencias técnicas e proposición económica, descritas no PCAP.

14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

15. Anuncios: o importe do anuncio do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 29 de novembro de 1999.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral Cíes de Vigo