Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 20 de decembro de 1999 Páx. 14.886

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVICIOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1999 pola que se anuncia a publicación das puntuacións finais do proceso selectivo para a contratación laboral, con carácter indefinido, de persoal da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos.

A comisión de selección ten que garanti-lo requisito de publicidade de todo o proceso para salvagarda-los dereitos dos candidatos presentados.

A comisión de selección ten que manter unha coherencia global na tramitación do proceso selectivo. Desde o seu inicio publicáronse no Diario Oficial de Galicia tódalas resolucións que o afectan.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Primeiro.-De conformidade coas bases da convocatoria do proceso selectivo, anúnciase que as cualificacións finais do proceso selectivo estarán expostas desde a data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia no taboleiro de anuncios da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos na súa sede na Avda. Rodríguez de Viguri, 47, baixo B, de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente da comisión de selección