Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 20 de decembro de 1999 Páx. 14.886

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 30 de novembro de 1999 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais anunciada por Orde do 20 de outubro de 1999.

Convocada por Orde do 20 de outubro de 1999 (DOG nº 212, do 3 de novembro) a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da devandita lei. Esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 20 de outubro de 1999 (DOG nº 212, do 3 de novembro).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 1999.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais

ANEXO I

NRP ou DNI: 3324040046A2059.

Apelidos e nome: Vázquez Gómez, María Jesús.

Grupo: D.

Corpo/escala: auxiliar da Administración da Xunta.

Código do posto: XUC040000015770001.

Denominación: secretario/a do director xeral.

Nivel: 18.

Dependencia: Dirección Xeral de Relacións Laborais.

Localidade: Santiago de Compostela.

NRP ou DNI: 3495025435A2060.

Apelidos e nome: Díaz Villoslada, Juan Manuel.

Grupo: A.

Corpo/escala: superior da Administración da Xunta.

Código do posto: XUC030000215770001.

Denominación: subdirector xeral de Administración local.

Nivel: 30.

Dependencia: Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local.

Localidade: Santiago de Compostela.