Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 20 de decembro de 1999 Páx. 14.886

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 1999 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 99/018 de corpos docentes universitarios convocados por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretario por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos

establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade 99/018, convocada por Resolución do 4 de maio de 1999 (BOE do 26 de maio), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade o prazo de quince días hábiles a partir do seguinte á súa publicación.

A Coruña, 23 de novembro de 1999.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza: de profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento: biblioteconomía e documentación.

Praza nº: 99/018.

Comisión titular:

Presidente: Caridad Sebastián, Mercedes, catedrática de universidade. Universidade Carlos III de Madrid.

Secretaria: Clauso García, Adelina, profesora titular de escola universitaria. Universidade Complutense de Madrid.

Vocais:

Ramos Simón, Luis Fernando, catedrático de escola universitaria. Universidade Complutense de Madrid.

Ruiz de Osma Delatas, Juana María, profesora titular de escola universitaria. Universidade de Granada.

Martínez Montalvo, Esperanza, profesora titular de escola universitaria. Universidade Complutense de Madrid.

Comisión suplente:

Presidente: Moreiro González, José Antonio, catedrático de universidade. Universidade Carlos III de Madrid.

Secretario: Sagredo Fernández, Juan Antonio, profesor titular de escola universitaria. Universidade Complutense de Madrid.

Vocais:

Ruiz Rodríguez, Antonio A., catedrático de escola universitaria. Universidade de Granada.

Caro Castro, Carmen, profesora titular de escola universitaria. Universidade de Salamanca.

Miguélez González, Elvira Julieta, profesora titular de escola universitaria. Universidade de Salamanca.