Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 20 de decembro de 1999 Páx. 14.876

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 29 de novembro de 1999 pola que se fai pública a validación dos cursos de especialización en lingua galega.

A Orde do 26 de novembro de 1993 (Diario Oficial de Galicia do 23 de decembro), no seu artigo 2, establece que se lles validará o curso de especialización en lingua galega ós licenciados en filoloxía e ós diplomados en EXB polas escolas universitarias de formación do profesorado de EXB, que posúan os certificados do ciclo elemental e do ciclo superior de galego das escolas oficiais de idiomas. Por iso,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Concedérlle-la validación do curso de especialización en lingua galega ás seguintes persoas, as cales reúnen os requisitos establecidos no artigo 2 da Orde do 26 de novembro de 1993:

Damarís Belén Castro Pérez (DNI 32.792.657).

Carmen Padín García (DNI 35.300.465).

Francisco Freire Vila (DNI 35.449.125).

Rosa San Luis Lorenzo (DNI 35.311.376).

Patricia Eugenia Gallego Pérez (DNI 36.057.676).

Artigo 2º

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria expedirálle-los correspondentes diplomas.

Disposición derradeira

Facúltase a Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria