Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 20 de decembro de 1999 Páx. 14.876

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 21 de outubro de 1999 pola que se constitúen os colexios rurais agrupados de Ponteareas e A Lagoa (Salvaterra de Miño) da provincia de Pontevedra.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 216, do martes 9 de novembro de 1999, cómpre face-la oportuna corrección:

Na páxina 13.121, no punto terceiro, onde figura Alxén (código 36016966) non procede a integración no colexio rural agrupado A Lagoa nin a súa supresión.