Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 17 de decembro de 1999 Páx. 14.828

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración mineral-natural dunhas augas de manancial en terreos do concello de Vilagarcía de Arousa.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que José Manuel Pousada Carballo con DNI 36.288.969-T no nome e representación de Disbepo, S.L., con domicilio en polígono de Bamio, 84, Vilagarcía de Arousa, solicitou na Sección de Minas desta delegación provincial a declaración da condición mineral-natural doutras augas dun pozo situado en terreo propio que se coñece co nome de Sanxinés, sendo a súa situación xeográfica: lugar de Bamio, do concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

O que se fai público para dar cumprimento ó artigo 5 da Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, para que todo aquel que se considere interesado, poida comparecer no expediente no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó desta publicación, pasado este non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 19 de novembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra