Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 17 de decembro de 1999 Páx. 14.828

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 16 de novembro de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro no recurso ordinario interposto contra a resolución do delegado provincial de Lugo, desta consellería, do 6 de maio de 1998.

Con data do 7 de outubro de 1999, o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais dictou resolución pola que se resolve o recurso ordinario interposto por Manuel Vázquez Pérez contra a resolución do delegado provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo con data do 6 de maio de 1998, en relación co expediente sancionador S-7/1998.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servicio de correos por resultar imposible a súa práctica de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula

notifícaselle a devandita resolución a Manuel Vázquez Pérez, propietario do establecemento café bar La Bodeguilla, para que poida ter coñecemento dela.

Esta resolución poderá ser consultada polo interesado, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación da presente cédula no Diario Oficial de Galicia, nos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, Secretaría Xeral, Subdirección Xeral de Réxime Administrativo (edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, 15704 Santiago de Compostela).

Transcorrido o dito prazo sen que compareza o interesado, farase efectiva a resolución do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais con data do 7 de outubro de 1999.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 1999.

Manuel A. Silva Romero

Secretario xeral da Consellería de Sanidade

e Servicios Sociais