Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 17 de decembro de 1999 Páx. 14.827

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se acorda dar publicidade ó acordo do 13 de xullo de 1999, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración de efectos ambientais do proxecto de explotación para granito ornamental da concesión Deza, 2586.

Visto o Decreto 327/1991, do 4 de outubro (Diario Oficial de Galicia, do 15 de outubro) de avaliación de efectos ambientais para Galicia, a delegada provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra resolve:

Dar publicidade, mediante a presente publicación, ó acordo do 13 de xullo de 1999, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración de efectos ambientais do proxecto de explotación de granito ornamental da concesión nomeada Deza nº 2586, sita en terreos do termo municipal de Lalín, provincia de Pontevedra, promovido por Granitos Deza, S.L.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 18.000 m, dentro do espacio solicitado para a concesión mineira de 12 cuadrículas mineiras, comprendidas entre os paralelos 42º 42' 00'', 42º 43' 40'' norte, e polos meridianos 8º 02' 00'', 8º 03' 00'' oeste, e foi incorporada ó expediente da concesión Deza nº 2586, encontrándose o expediente á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 18 de novembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra