Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 17 de decembro de 1999 Páx. 14.827

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/440-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T. e C.T. Mercado Municipal.

Situación: Ponteareas.

Características técnicas: C.T. de 630 kVA, relación de transformación 20 kV-230/240 V, no Mercado Municipal do concello de Ponteareas, cunha liña que se autorizou con data do 15-3-1977 e con número de expediente A.T. 77/9.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 10 de novembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra