Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 17 de decembro de 1999 Páx. 14.823

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 20 de xullo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 28/1999).

Advertida omisión, na devandita resolución, publicada no DOG nº 170, do xoves, 2 de setembro de 1999, cómpre efectua-la oportuna corrección:

Na páxina 10.872, debe engadirse despois do segundo parágrafo da columna da dereita, o seguinte texto:

«Así mesmo comprobouse que as alegacións efectuadas polos interesados en canto á modificación do trazado da liña eléctrica non poden ser tidas en conta por non darse as condicións previstas no artigo 57 B) da devandita lei e artigo 26 do mencionado decreto».