Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 17 de decembro de 1999 Páx. 14.821

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 30 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública para o estudio ambiental, autorización administrativa, declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade da urxente ocupación que iso implica, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN661A 99/5-4).

En cumprimento do disposto no Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, os decretos 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública, por solicitude da empresa Sistemas Energéticos Cando, S.A., as instalacións que a continuación se describen:

Título: parque eólico Outeiro do Coto.

Solicitante: Sistemas Energéticos Cando, S.A.

Domicilio social: Avda. do Cruceiro da Coruña, 201-A, 15705 Santiago de Compostela.

Concellos afectados: Forcarei, Cerdedo, Cotobade e A Lama.

Superficie afectada: 3.150 ha.

Situación (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V1 (552.000 4.708.000); V2 (554.000 4.707.000);

V3 (554.000 4.705.000); V4 (553.000 4.704.000);

V5 (552.100 4.704.500); V6 (552.500 4.703.500);

V7 (552.000 4.703.000); V8 (552.000 4.701.000);

V9 (549.000 4.698.000); V10 (548.000 4.698.000);

V11 (548.500 4.702.000); V12 (549.000 4.704.000);

V13 (548.990 4.705.000).

Características técnicas do parque eólico:

23 aeroxeradores, cunha potencia nominal unitaria de 660 kW, modelo G-47.

Potencia total instalada: 15,18 Mw.

Producción neta anual estimada: 25 Mwh/ano.

Orzamento total: 1.861.000.000 de ptas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

23 transformadores de 775 kVA, relación de transformación 0,690/20 kV.

Rede subterránea de interconexión entre as máquinas existentes, a 20 kV, que transportará a enerxía xerada ata a subestación existente.

Obxecto da información pública:

-Estudio ambiental.

-Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

-Autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico Outeiro do Coto.

A declaración de utilidade pública leva implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Afección a predios particulares:

S.E.: superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

S.P.: servidume de paso que implica a construcción de camiños e canalizacións.

-Dereito de libre paso ou acceso de persoal e equipos para a construcción, montaxe, supervisión e vixilancia, conservación ou reparación das instalacións.

-Servidume de paso subterráneo, que comprende a ocupación do subsolo polas liñas eléctricas subterráneas aloxadas en gabias.

-Prohibición de efectuar remoción do terreo ou calquera tipo de obras ou actos que poidan danar ou prexudica-los camiños e instalacións.

S.V.: servidume de voo das pas dos aeroxeradores.

P.E.: superficie de protección eólica afectada pola seguinte limitación de dominio:

-Prohibición de situar obstáculos de altura superior a 10 m (construccións, árbores, postes e outros).

O.T.: ocupación temporal dos terreos durante un prazo de 18 meses.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares de dereitos afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante, e que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como as persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo proxecto e presenta-las alegacións que se consideren oportunas, nesta Delegación Provincial, sita na rúa Eduardo Pondal, 64, de Pontevedra (36003), no prazo de 30 días, contados a partir da derradeira publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico poderanse examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra, concellos de Forcarei, Cerdedo, Cotobade e A Lama, e nesta Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra, podendo presentarse ante ela cantas alegacións se consideren dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Rematado o dito prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitirase á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar.

Pontevedra, 30 de novembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Parque eólico Outeiro do Coto

Relación de bens e dereitos

PropietarioSuperficie afección

Nº P.

Nome e apelidos

Enderezo

(S.E.)

m

(S.P.)

m

(S.V.)

m

(P.E.)

m

(O.T.)

m

1C.M.V.M.C. da Barcia (Concello da Lama)

Pdte.: José Manuel Carballal Martínez

Praza Barcelos, 10-8C

32002 Pontevedra

9.716,17-2.865,6286.493,6286.493,62

2C.M.V.M.C. de Covelo (Concello da Lama)

Pdte.: José Muíños Durán

San Sebastián de Covelo, 22

36830 A Lama (Pontevedra)

2.964,57-1.082,4838.649,6038.649,60

3C.M.V.M.C. de Escuadra (Concello da Lama)

Pdte.: Ramón Vilariño Sesar

San Lourenzo de Escuadra, 1

36838 Os Cabanelas-Escuadra

A Lama (Pontevedra)

3.695,20-1.069,9853.690,0053.690,00

4C.M.V.M.C. de Caroi (Concello de Cotobade)

Pdte.: Salvador Gutiérrez Márquez

r/ Altamira, 7

36002 Pontevedra

3.341,58-1.066,5151.402,6351.402,63

5C.M.V.M.C. da Barcia (Concello da Lama)

Pdte.: José Manuel Carballal Martínez

Praza Barcelos, 10-8C

32002 Pontevedra

1.644,71-1.550,1933.558,4033.558,40

6C.M.V.M.C. de Caroi (Concello de Cotobade)

Pdte.: Salvador Gutiérrez Márquez

r/ Altamira, 7

36002 Pontevedra

0,00-0,003.511,193.511,19

7C.M.V.M.C. Parroquia de Cerdedo (Concello de Cerdedo)

Pdte.: José Luis Jorge Caramés

Rúa da Outraldea, 3

36130 Cerdedo (Pontevedra)

0,00-0,002.558,362.558,36

8C.M.V.M.C. de Sta. Mariña de Presqueiras (Concello de Forcarei)

Pdte.: Eulogio Santamaría Vales

Devesa de Arriba, 12

36569 Presqueiras-Forcarei

(Pontevedra)

2.235,15-1.215,1826.627,0626.627,06

9C.M.V.M.C. Parroquia de Cerdedo (Concello de Cerdedo)

Pdte.: José Luis Jorge Caramés

Rúa da Outraldea, 3

36130 Cerdedo (Pontevedra)

2.667,13-1.067,6041.946,9541.946,95

10C.M.V.M.C. Parroquia de Cerdedo (Concello de Cerdedo)

Pdte.: José Luis Jorge Caramés

Rúa da Outraldea, 3

36130 Cerdedo (Pontevedra)

2.448,71-1.079,3441.787,6641.787,66

11C.M.V.M.C. Parroquia de Cerdedo (Concello de Cerdedo)

Pdte.: José Luis Jorge Caramés

Rúa da Outraldea, 3

36130 Cerdedo (Pontevedra)

5.701,14-1.034,9859.274,0359.274,03

12C.M.V.M.C. Parroquia de Cerdedo (Concello de Cerdedo)

Pdte.: José Luis Jorge Caramés

Rúa da Outraldea, 3

36130 Cerdedo (Pontevedra)

4.669,23-1.063,1649.836,6449.836,64

13C.M.V.M.C. Parroquia de Cerdedo (Concello de Cerdedo)

Pdte.: José Luis Jorge Caramés

Rúa da Outraldea, 3

36130 Cerdedo (Pontevedra)

1.425,35-1.076,9825.849,8825.849,88

14C.M.V.M.C. Parroquia de Cerdedo (Concello de Cerdedo)

Pdte.: José Luis Jorge Caramés

Rúa da Outraldea, 3

36130 Cerdedo (Pontevedra)

643,31-287,1217.653,1417.653,14

15C.M.V.M.C. de S. Miguel de Presqueiras (Concello de Forcarei)

Pdte.: Luis Adán Jorge

Para efectos de notificacións: Ursino Adán Barros

Guisande, 24

36569 Presqueiras-Forcarei

(Pontevedra)

75,39-721,6313.790,2613.790,26

PropietarioSuperficie afección

Nº P.

Nome e apelidos

Enderezo

(S.E.)

m

(S.P.)

m

(S.V.)

m

(P.E.)

m

(O.T.)

m

16C.M.V.M.C. de S. Miguel de Presqueiras (Concello de Forcarei)

Pdte.: Luis Adán Jorge

Para efectos de notificacións: Ursino Adán Barros

Guisande, 24

36569 Presqueiras-Forcarei

(Pontevedra)

0,00-0,002.625,252.625,25

17C.M.V.M.C. de Sta. Mariña de Presqueiras (Concello de Forcarei)

Pdte.: Eulogio Santamaría Vales

Devesa de Arriba, 12

36569 Presqueiras-Forcarei

(Pontevedra)

30.889,51-6.655,29306.413,18306.413,18