Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 16 de decembro de 1999 Páx. 14.774

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1999 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación do desenvolvemento de novos módulos do sistema de xestión tributaria.

Expediente nº 99/12366 do Servicio de Patrimonio e Contratación.

Obxecto: desenvolvemento de novos módulos do sistema de xestión tributaria.

Lugar de execución: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de execución: un ano.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 15.000.000 de ptas., 90.151,82 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 600.000 ptas., 3.606,07 euros.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación, teléfono 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas do día 28-12-1999.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 9 de decembro de 1999.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña