Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 16 de decembro de 1999 Páx. 14.774

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO (expediente Sec.-98000243).

Faise público que, con data do 11 de novembro de 1999, se someteu a coñecemento do Pleno do Concello de Verín o avance do Plan especial de protección e reforma interior do barrio de San Lázaro e núcleo antigo de Verín.

En cumprimento do que establece o artigo 41 da Lei do solo de Galicia, anúnciase a apertura dun período de información pública por prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. Durante o dito prazo, o avance do plan especial estará exposto ó público nas oficinas de urbanismo deste concello, e poderá ser consultado polas entidades e particulares, que poderán suxeri-lo que coiden oportuno e presenta-las propostas e convenios urbanísticos que consideren procedentes.

Verín, 11 de novembro de 1999.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde