Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 16 de decembro de 1999 Páx. 14.775

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1999 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación do mantemento e reposición de sinais da rede provincial de estradas.

Expediente nº 99/12650 do Servicio de Patrimonio e Contratación.

Obxecto: mantemento e reposición de sinais da rede provincial de estradas.

Lugar de execución: rede provincial de estradas.

Prazo de execución: 1 de xaneiro do ano 2000 ó 31 de decembro do ano 2003.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 25.000.000 de ptas., 150.253,03 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 1.000.000 de ptas., 6.010,12 euros.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación, teléfono 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP (28 de decembro de 1999).

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 10 de decembro de 1999.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña