Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 16 de decembro de 1999 Páx. 14.771

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CORCUBIÓN

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Corcubión.

b) Dependencia: secretaría do concello.

c) Expediente: plan 2000 baixas, anualidade 1998.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: varredora industrial.

b) Lugar de entrega: Concello de Corcubión.

c) Prazo de entrega: (días) cinco.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Xeito: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total IVE incluído: 4.094.800 ptas.

5. Garantías.

a) Provisional: 81.896 pesetas.

b) Definitiva: 163.792 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Corcubión, Avda. da Viña, nº 1, 15130 Corcubión, teléfono 981 74 54 00, fax 981 74 71 00.

b) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 13 horas do día anterior a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións.

O prego de cláusulas administrativas particulares polo prazo de 8 días naturais, desde o seguinte ó da publicación deste anuncio de licitación no BOP e no DOG.

7. Requisitos específicos dos contratistas.

Non se esixe.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio de licitación no BOP e no DOG, en horario de 9 a 13 horas e no rexistro xeral de documentos do Concello de Corcubión.

b) Documentación que se presentará: a esixida no prego de cláusulas administrativas.

9. Mesa de contratación e apertura de ofertas.

a) Data: o seguinte día hábil ó do remate do prazo de presentación de proposicións, caso de cadrar en sábado trasládase ó seguinte hábil (luns).

b) Hora: ás 20 horas.

10. Gastos dos anuncios.

Os gastos correspondentes ós anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Corcubión, 3 de decembro de 1999.

Rafael Xosé Mouzo Lago

Alcalde-presidente