O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:
Subministración: adquisición de cadeiras con destino a diversos centros de saúde. (Lote único).
Orzamento: vintedous millóns novecentas unha mil pesetas IVE incluído (22.901.000 ptas.), quedando condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente no proxecto da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000, (137.637,78 euros).
Fianza provisional: garantía provisional lote único: 458.020 pesetas (2.752,76 euros).
Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, anticipado de gasto, polo trámite de urxencia.
Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata 31 de decembro de 2000.
Admisión de variantes: non se admite a presentación de variantes.
Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares para a dita contratación.
Solvencia técnica: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo II do prego.
Criterios de adxudicación:
1. Deseño, calidade e condicións técnicas e a súa adecuación ó solicitado no prego de prescricións técnicas: ata 5 puntos.
2. Prezo dos equipos ofertados: ata 3 puntos.
3. Prazo de entrega: ata 2 puntos.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da División de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.
Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo
sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 27 62) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Socias edificio administrativo San Caetano, bloque nº 2, 2ª planta, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1999.
Antonio Fernández-Campa García Bernardo
Director xeral da División de Recursos Económicos