Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 16 de decembro de 1999 Páx. 14.770

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, anticipado de gasto e subministracións sucesivas, polo trámite de urxencia, para a adquisición de moblaxe xeral con destino a diversos centros de saúde. (SCS.-05/2000). (Lote único).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Subministración: adquisición de moblaxe xeral con destino a diversos centros de saúde. (Lote único).

Orzamento: vintenove millóns cento noventa e sete mil trescentas pesetas (29.197.300 ptas.) IVE incluído, quedando condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente no proxecto da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000, (175.479,31 euros).

Fianza provisional: garantía provisional lote único: 583.946 pesetas (3.509,59 euros).

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, anticipado de gasto, polo trámite de urxencia.

Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata 31 de decembro de 2000.

Admisión de variantes: non se admite a presentación de variantes.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares para a dita contratación.

Solvencia técnica: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo II do prego.

Criterios de adxudicación:

1. Deseño, calidade e condicións técnicas e a súa adecuación ó solicitado no prego de prescricións técnicas: ata 5 puntos.

2. Prezo dos equipos ofertados: ata 3 puntos.

3. Prazo de entrega: ata 2 puntos.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da División de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 27 62) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Socias edificio administrativo San Caetano, bloque nº 2, 2ª planta, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1999.

Antonio Fernández-Campa García Bernardo

Director xeral da División

de Recursos Económicos