Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 16 de decembro de 1999 Páx. 14.772

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (expediente 23/1998).

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 8 de novembro de 1999, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aproba-lo informe do equipo redactor sobre as alegacións presentadas ó Plan Parcial de Eirís.

2. Aprobar definitivamente o Plan Parcial do Parque de Eirís redactado de oficio polo concello.

O que se publica para xeral coñecemento significando que contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a noti

ficación, aínda que previamente e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou a resolución no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

A Coruña, 11 de novembro de 1999.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado do Concello da Coruña