Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 16 de decembro de 1999 Páx. 14.762

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dunha proposta de resolución dun expediente sancionador en materia de xogo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución dictada no expediente sancionador por infracción da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos

e apostas en Galicia, por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de 8 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que estime pertinentes perante o instructor do procedemento, de conformidade co establecido no artigo 7 da Lei 34/1987, da potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar.

A Coruña, 30 de novembro de 1999.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Número de expediente: C-19/1999.

Denunciado: Francisco Caldelas Vidal.

DNI/CIF: 44.812.148.

Enderezo: r/ Campo da Feira, nº 15-baixo. Padrón.

Establecemento: M-3.

Precepto infrinxido: 29.i) Lei 14/1985.

Precepto sancionador: 31.2º e 32 Lei 14/1985.

Sanción: 100.001 ptas.