Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 16 de decembro de 1999 Páx. 14.761

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se fai pública a resolución de imposición de sanción relativa ó expediente sancionador en materia de espectáculos públicos OU-E-187/99.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que se relacionan a continuación, as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, sobre protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Número de expediente: OU-E-187/99.

Denunciado: José Antonio Fernández Cruz.

DNI: 34.915.057.

Enderezo: r/ Bedoya, número 8, soto. Ourense.

Establecemento: Pub Radio K.O.

Precepto infrinxido: artigo 26.e), da Lei 1/1992, de 21 de febreiro, sobre protección da seguridade cidadá.

Importe da sanción : 20.000 ptas.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial número 2046-0030-24-404000200-4 de Caixa Ourense, sucursal Torre de Ourense, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que esta resolución sexa executiva. Para efectua-lo ingreso deberá emprega-los impresos normalizados, que lle serán facilitados na oficina desta Delegación Provincial, sita en Avda. Habana, 79-2ª esquerda en Ourense.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 29 de novembro de 1999.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense