Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 16 de decembro de 1999 Páx. 14.761

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1999, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se fai pública a adxudicación do procedemento negociado sen publicidade, para actualización dos programas para os simuladores de cámara de máquinas dos centros: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo e Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol.

En cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servicios:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

c) Nº de expediente: 99/012/1971.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: actualización dos programas para os simuladores de cámara de máquinas dos centros: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo e Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 50.550.000 ptas. (303.811,62 euros).

5. Adxudicación:

a) Data: 5 de novembro de 1999.

b) Contratista: Fluidmecánica, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 50.550.000 ptas.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 1999.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira

e Investigación