Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 16 de decembro de 1999 Páx. 14.761

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1999, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se fai pública a adxudicación do concurso aberto, con trámite de urxencia, para adquisición de equipos e materiais necesarios para a posta en funcionamento de 4 aulas de simulación virtual en aplicacións multimedia de carácter didáctico nos centros docentes da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

En cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de subministracións:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

c) Nº de expediente: 99/012/1054.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipos e materiais necesarios para a posta en funcionamento de 4 aulas de simulación virtual en aplicacións multimedia de carácter didáctico nos centros docentes da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

c) Publicidade da licitación: DOG do 6 de agosto de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 24.000.000 de ptas. (144.242,91 euros).

5. Adxudicación:

a) Data: 10 de novembro de 1999.

b) Contratista: Transas Transport Safety Systems GmbH.

c) Nacionalidade: alemana.

d) Importe de adxudicación: 23.002.800 ptas.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 1999.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira

e Investigación