Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 16 de decembro de 1999 Páx. 14.742

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector do comercio do metal.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector do comercio do metal, nº de código 3600365, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 9-11-1999, subscrito en representación da parte económica polas asociacións provinciais de maquinaria en xeral e venda de vehículos, almacenistas-maioristas de material eléctrico, xoiería, pratería e reloxería, maquinaria agrícola e libre de recambios e accesorios, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, con data do 28-10-1999. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, exis

tente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 12 de novembro de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo para o sector

comercio do metal de Pontevedra

Artigo 1º.-Partes asinantes.

Son partes asinantes deste convenio as centrais sindicais Unión Xeral de Traballadores (UGT), Comisións Obreiras (CC.OO.) e Confederación Intersindical Galega (CIG) en representación dos traballadores, e as asociacións provinciais de comercio de maquinaria en xeral e venda de vehículos; almacenistas-maioristas de material eléctrico; xoiería, pratería e reloxería; maquinaria agrícola, e libre de recambios e accesorios, en representación dos empresarios do sector.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio afecta a todas aquelas empresas englobadas no sector do comercio do metal, das que os centros de traballo estean comprendidos dentro da provincia de Pontevedra.

Artigo 3º.-Vixencia.

O convenio entrará en vigor ós dez días da súa sinatura, con independencia da súa publicación no BOP, aínda que os efectos económicos o primeiro ano de vixencia do convenio se retrotraerán ó primeiro de xaneiro de 1999.

Artigo 4º.-Duración e prórrogas.

Este convenio terá unha duración de dous anos, contados a partir do 1 de xaneiro de 1999, finalizando os seus efectos o 31 de decembro de 2000.

Entenderase prorrogado automaticamente por anualidades, se non media denuncia das partes con tres meses, alomenos, ó termo da súa vixencia. A dita denuncia deberá facerse por escrito dirixido á outra parte afectada polo convenio. Todo iso sen prexuízo do establecido no artigo 27º do convenio.

Artigo 5º.-Compensación de melloras.

As melloras que se establecen neste convenio poderán compensar ou absorber, no que alcancen, aquelas melloras que voluntariamente tivesen establecidas as empresas, ou as que no futuro puidesen establecerse por disposición legal de carácter obrigatorio.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

O persoal que con anterioridade ó convenio viñese desfrutando de condicións máis beneficiosas, con

sideradas no seu conxunto e en cómputo anual que as que aquí se establecen, deberá conservalas.

Artigo 7º.-Xornada de traballo.

A xornada laboral será de corenta horas semanais de traballo efectivo, de luns a sábado pola mañá.

Artigo 8º.-Vacacións.

O persoal afectado por este convenio desfrutará de trinta días naturais de vacacións anuais retribuídas, para desfrutar preferentemente (metade máis un do persoal, polo menos), entre os meses de abril a outubro, ambos inclusive.

Se antes de inicia-lo traballador as vacacións anuais programadas, este se encontrase en situación de IT, non perderá o dereito a elas, e a empresa fixaralle unha nova data, unha vez que o traballador obteña a alta médica, sempre e cando a data da citada alta médica permita o desfrute delas dentro do mesmo ano natural.

Artigo 9º.-Licencias.

Con base no disposto no artigo 37.3º do Estatuto dos traballadores, o persoal, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, por algún dos motivos seguintes:

a) 15 días naturais en caso de matrimonio.

b) 1 día por traslado de domicilio habitual.

c) 5 días naturais, nos casos de morte de cónxuxe, ascendentes, descendentes ou irmáns e parto de esposa, así como enfermidade grave de cónxuxe, pais e fillos.

d) Ata un máximo de catro días naturais ó ano, por necesidade de atender persoalmente asuntos propios que non admitan demora, téndose en conta para iso os desprazamentos que o traballador teña que facer e as demais circunstancias que, se é o caso, concorran.

Esta última licencia, demostrada a súa indubidable necesidade, concederase no acto, sen prexuízo das sancións que se lle poidan impoñer ó traballador que alegue causas que resulten falsas.

e) O traballador desfrutará dun día retribuído de libre disposición ó ano, que deberá solicitar cunha semana de antelación e que non poderá ser coincidente co solicitado por outro traballador da empresa.

Este beneficio quedará suprimido do convenio en caso de reducción de xornada por disposición legal

Os dereitos en materia de permisos retribuídos recoñecidos ós cónxuxes na letra c) deste artigo, estenderanse ás parellas de feito que, inscritas no rexistro do organismo público que competa, acrediten un período de convivencia mínimo dun ano.

Artigo 10º.-Sábado Santo.

Os traballadores afectados por este convenio desfrutarán de descanso na mañá do sábado de Semana Santa.

Artigo 11º.-Retribucións.

Os soldos e salarios correspondentes para o primeiro ano de vixencia do convenio, son os que figuran na táboa salarial anexa I, e supoñen un incremento respecto ás vixentes o 31-12-1998, do 2,7%.

No caso de que o IPC rexistrase o 31 de decembro de 1999 un incremento, respecto ó 31 de decembro de 1998, superior ó 2,7% pactado para o primeiro ano de vixencia, o dito exceso servirá de base para a elaboración da táboa do ano 2000 (1-1-2000 a 31-12-2000). Para iso, no momento en que se coñeza o dito dato, procederase a cuantifica-lo dito exceso, calculado sobre os salarios utilizados para realiza-los aumentos pactados para 1999. A cuantificación do dito exceso adicionarase ós salarios vixentes o 31 de decembro de 1999, e sobre a cantidade resultante calcularase o incremento salarial pactado para o 2000.

Para o segundo ano de vixencia do convenio incrementarase a táboa vixente o 31-12-1999, nun 3%, aplicándose, en principio, os soldos e salarios que figuran na táboa salarial anexa II. Táboa que terá que ser revisada se, como se indica no parágrafo anterior, o IPC rexistra o 31 de decembro de 1999 un incremento, respecto ó 31 de decembro de 1998, superior ó 2,7%.

No caso de que o IPC rexistrase o 31 de decembro do ano 2000, un incremento, respecto ó 31 de decembro de 1999, superior ó 3% pactado para o segundo ano de vixencia, o dito exceso servirá de base para a elaboración da táboa salarial do ano 2001 (1-1-2001 ó 31-12-2001). Para iso, no momento da negociación do convenio colectivo do ano 2001 procederase a cuantifica-lo dito exceso, calculado sobre os salarios utilizados para realiza-los aumentos pactados para o 2000. A cuantificación do dito exceso, adicionarase ós salarios vixentes o 31 de decembro de 2000 e, sobre a cantidade resultante, calcularanse os incrementos salariais para o 2001.

Artigo 12º.-Antigüidade.

Os premios de antigüidade consistirán en cuadrienios ó cinco por cento sobre o salario base dos traballadores.

A partir da entrada en vigor do convenio, a acumulación dos incrementos por antigüidade non poderá supera-lo 50% do salario base (dez cuadrienios); non obstante, os traballadores manterán e consolidarán as porcentaxes superiores que viñesen percibindo por este concepto ata a data citada.

Artigo 13º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio manterá o seu dereito a percibir catro pagas extraordinarias dunha mensualidade cada unha delas, en marzo (paga de beneficios), xuño, setembro e decembro (Nadal).

Estas pagas consistirán no salario base, conforme o salario do traballador, máis a antigüidade, se é o caso, debendo ser aboadas non despois do día dez dos ditos meses.

A empresa poderá ratea-las pagas extraordinarias de marzo e setembro, á totalidade do cadro de persoal, en cada un dos doce meses do ano.

Artigo 14º.-Horas extraordinarias.

Durante a vixencia deste convenio quedan suprimidas as horas extraordinarias, agás no caso de extrema necesidade, que serán apreciados polo empresario, oídos os delegados de persoal ou membros do comité de empresa.

As horas extras así consideradas aboaranse cun incremento do 100% sobre o salario que corresponda a cada hora ordinaria segundo a categoría e a táboa anexa de cada ano.

Artigo 15º.-Axudas de custo.

O persoal ó que se lle confira algunha comisión de servicios fóra da súa residencia habitual de traballo terá dereito a que se lle aboen os gastos que efectuase, logo de presentación dos xustificantes correspondentes.

O persoal terá dereito, ademais, a unha axuda de custo que segundo o desprazamento sexa por media xornada ou por xornada completa, será respectivamente de:

-Ano 1999: 825 e 1.226 pesetas.

-Ano 2000: 850 e 1.263 pesetas.

Artigo 16º.-Complemento de transporte.

As empresas aboaranlles ós seus traballadores en concepto de complemento de transporte a cantidade de 10.961 ptas. no ano 1999, e de 11.290 ptas. no ano 2000, nos once meses de traballo efectivo, polo que non se aboará no mes de vacacións, sendo considerado como concepto extrasalarial para tódolos efectos.

Artigo 17º.-Incapacidade temporal.

Durante as situacións de incapacidade temporal derivadas de enfermidade ou accidente debidamente xustificados, as empresas completarán as prestacións económicas da Seguridade Social ata o importe íntegro do salario do convenio.

Artigo 18º.-Servicio militar.

Ó cesar esta causa legal de suspensión do contrato de traballo, a teor do establecido no artigo 48 do Estatuto dos traballadores, o traballador terá dereito á reincorporación ó posto de traballo reservado, debendo solicita-lo reingreso dentro dos dous meses seguintes ó cesamento da dita causa de suspensión, so pena de perder todo dereito á reincorporación á empresa.

Artigo 19º.-Excedencias.

1. A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa. A forzosa, que dará dereito á conservación do posto de traballo e ó cómputo da antigüidade da súa vixencia, concederase pola designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo. O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público.

2. O traballador con, alomenos, unha antigüidade na empresa dun ano, ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de se situar en excedencia voluntaria por un prazo non menor a dous anos e non maior a cinco. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo traballador, se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

3. Os traballadores terán dereito a un período de excedencia, non superior a tres anos, para atende-lo coidado de cada fillo, tanto cando o sea por natureza como por adopción, contados desde a data de nacemento deste.

Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, porá fin ó que viñese desfrutando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

4. Así mesmo, poderán solicita-lo seu paso á situación de excedencia na empresa os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior, mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

5. O traballador excedente conserva só o seu dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa, que houbese ou se producisen na empresa.

6. A situación de excedencia poderase estender a outros supostos colectivamente acordados, co réxime e os efectos que alí se prevexan.

Artigo 20º.-Excedencia por maternidade.

As traballadoras que, como consecuencia do nacemento de fillo ou por adopción e para atende-lo seu coidado, soliciten un período de excedencia non superior a un ano, contado, no caso de que o sea por natureza, desde a terminación do descanso de maternidade e segundo o establecido no número 3, do artigo 46 do Estatuto dos traballadores; no caso de adopción, terán dereito á reserva do posto de traballo e á reincorporación a el, unha vez finalizada a excedencia, sempre que solicite o reingreso cun mes de antelación ó termo dela.

Artigo 21º.-Axuda por defunción.

En caso de falecemento do traballador cun ano, polo menos, de pertenza á empresa, queda esta obrigada a satisfacerlles ós seus habentes causa o importe de tres mensualidades, iguais cada unha delas á última que o traballador percibise, incrementada con tódolos emolumentos inherentes a ela.

Artigo 22º.-Xubilación.

As empresas e os traballadores poderán pactar, logo da existencia de común acordo por ámbalas partes, xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co disposto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, debendo as empresas substituílos simultaneamente ó seu cesamento por xubilación, por outros traballadores nas condicións previstas no dito real decreto.

Artigo 23º.-Premios por xubilación anticipada.

Ó se produci-la xubilación voluntaria dun traballador que leve na empresa máis de quince anos, recibirá dela unha compensación económica equivalente a 5 mensualidades, cando esta se produza ós 60 anos; catro mensualidades, ós 61 anos; tres mensualidades, ós 62 anos; dúas mensualidades, ós 63 anos; e unha mensualidade, ós 64 anos.

Artigo 24º.-Pluriemprego.

As partes asinantes deste convenio coidan conveniente erradica-lo pluriemprego, como regra xeral.

Para estes efectos considérase necesario que se apliquen co máximo rigor as sancións previstas na lexislación vixente nos casos de traballadores non dados de alta na Seguridade Social, por estaren dados de alta xa noutra empresa.

Para coadxuvar no obxectivo de controla-lo pluriemprego, considérase esencial o cumprimento exacto do requisito de lles dar a coñecer ós representantes legais dos traballadores os boletíns de cotización á Seguridade Social, así como os modelos de contrato de traballo escrito que se utilicen na empresa e os documentos relativos á terminación da relación laboral, conforme dispón o artigo 64.1º do Estatuto dos traballadores. O incumprimento desta obriga considerarase falta grave para efectos da súa sanción pola autoridade laboral.

Artigo 25º.-Roupa de traballo.

As empresas proverán obrigatoriamente os traballadores que proceda de uniformes ou outras roupas de traballo, das coñecidas e típicas para a realización das distintas e diversas actividades que o uso vén aconsellando.

A provisión de tales roupas débese facer ó comeza-la relación laboral entre a empresa e o traballador en número de dúas pezas, que se reporán en anualidades sucesivas de xeito conveniente ou, alomenos, na metade delas.

Artigo 26º.-Acumulación de horas sindicais.

No ámbito de empresa, os delegados ou membros do comité poderán renunciar a todo ou parte de crédito de horas, que a lei en cuestión lles recoñeza, en favor doutro ou outros delegados ou membros do comité. Para que iso produza efecto, a cesión de horas terá que ser presentada por escrito.

Artigo 27º.-Contratación.

Contrato eventual: a teor do disposto no artigo 15 b), do texto refundido do ET e Real decreto lei 8/1997, do 16 de maio, ambos vixentes, este contrato ten por obxecto atender esixencias circunstanciais do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, mesmo tratándose da actividade normal da empresa.

Formalización do contrato: formalizarase por escrito, consignándose con suficiente precisión e claridade a causa e as circunstancias que o motiven, e rexistrándose no Inem.

Duración e prórroga: a duración destes contratos non poderá ser inferior a 30 días, nin superior a trece meses, dentro dun período de 18, contados a partir do momento do contrato inicial. Limitarase a dous o número de contratos para realizar, na súa duración máxima, a unha misma persona.

No caso de que se concerte o contrato por un prazo inferior ós trece meses, poderá ser prorrogado mediante acordo das partes, sen que a duración total do contrato poida exceder do dito límite máximo. As prórrogas terán unha duración mínima de 15 días. A duración de contrato e das súas prórrogas axustarase ó disposto anteriormente, salvo que exista pacto do contrario.

Nos contratos superiores ós seis meses, se no momento de finalización do período inicial ou de cualquera das súas prórrogas non houbese unha comunicación previa de dez días de antelación á súa finalización, o contrato considerarase prorrogado automaticamente ata a súa duración máxima. Se no momento de finalización da súa duración máxima non houbese denuncia expresa con dez días de antelación e se continuase prestando servicios, o contrato considerarase por tempo indefinido, salvo proba en contrario que acredite a natureza temporal da prestación.

Artigo 28º.-Acción sindical.

Observarase o disposto na lexislación laboral vixente e, en particular, nos artigos 61 ó 81 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 29º.-Lei de prevención de riscos laborais.

Para estes efectos observarase o disposto na Lei 31/ 1995, do 8 de novembro, publicada no BOE número 269, do 10 de novembro, así como o seu desenvolvemento regulamentario, que é normativa de dereito mínimo e indispensable.

Artigo 30º.-Lexislación subsidiaria.

No non previsto expresamente neste convenio aplicarase o Acordo Marco de Comercio, o Estatuto dos traballadores e as demais disposicións.

Artigo 31º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación das cláusulas deste convenio constituirase unha comisión paritaria integrada por catro membros da representación social e catro da empresarial.

Disposicións adicionais

Primeira.-Co fin de evita-lo atraso na negociación do próximo convenio, e dados os prexuízos que ós empresarios e traballadores lles causa o aboamento de atrasos salariais, as partes asinantes do convenio acordan constituí-la comisión deliberadora na segunda quincena do mes de xaneiro do ano 2001.

Segunda.-As partes asinantes deste convenio mostran a súa vontade para a busca, en próximas negociacións, de fórmulas que comporten a creación de emprego fixo e estable.

Vigo, 28 de outubro de 1999.

Rubricado

Táboa salarial anexa I

Vixencia do 1 de xaneiro de 1999

ó 31 de decembro de 1999

Salario

mensual

CuadrienioSalario

anual

Grupo I
Enxeñeiros e licenciados137.1426.8572.194.280
Axudantes e técnicos116.5695.8281.865.098
Practicantes95.9974.8001.535.948

Grupo II
Xefe de persoal, de vendas, de compras, encargado xeral137.1426.8572.194.280
Xefe de almacén ou sucursal116.5695.8281.865.098
Xefe de grupo102.8565.1431.645.698
Xefe de sección95.9974.8001.535.948
Encargado establecemento, vendedor, comprador95.9974.8001.535.948
Viaxante91.4264.5711.462.810
Dependente, corredor de praza89.1354.4571.426.166
Dependente maior (10% máis que o dependente)
Axudante85.7124.2861.371.398
Traballadores en formación: 85% do salario da

categoría para a que se vai formar (artigo 25

contratación)

Grupo III
Xefe administrativo123.4256.1711.974.798
Xefe de sección102.8565.1431.645.698
Contable, caixeiro95.9974.8001.535.948
Oficial administrativo91.4264.5711.462.810
Auxiliar administrativo ata 10 anos de servicio85.7124.2861.371.398
Auxiliar administrativo con máis de 10 anos de servicio89.1354.4571.426.166
Auxiliar de caixa86.8574.3431.389.720

Grupo IV
Debuxante116.5695.8281.856.098
Escaparatista107.4265.3711.718.820
Rotulista98.2834.9141.572.526
Cortador100.5655.0281.609.038
Axudante85.7124.2861.371.398
Profesional de oficio85.7124.2861.371.398
Axudante de oficio85.7124.2861.371.398
Mozo especializado85.7124.2861.371.398
Capataz85.7124.2861.371.398
Telefonista, mozo, envasador, embalador85.7124.2861.371.398

Grupo V
Conserxe, cobrador, vixilante, sereno e ordenanza85.7124.2861.371.398
Persoal de limpeza por xornada completa69.8773.4941.118.033
Persoal de limpeza por hora (incluído o rateo das 4 pagas extras)612319.793

Táboa salarial anexa II

Vixencia do 1 de xaneiro de 2000

ó 31 de decembro de 2000

Salario

mensual

CuadrienioSalario

anual

Grupo I
Enxeñeiros e licenciados141.2577.0632.260.108
Axudantes e técnicos120.0666.0031.921.051
Practicantes98.8774.9441.582.027

Grupo II
Xefe de persoal, de vendas, de compras, encargado xeral141.2577.0632.260.108
Xefe de almacén ou sucursal120.0666.0031.921.051

Salario

mensual

CuadrienioSalario

anual

Xefe de grupo105.9425.2971.695.069
Xefe de sección98.8774.9441.582.027
Encargado establecemento, vendedor, comprador98.8774.9441.582.027
Viaxante94.1684.7081.506.694
Dependente, corredor de praza91.8094.5901.468.951
Dependente maior (10% máis que o dependente)
Axudante88.2844.4141.412.540
Traballadores en formación: 85% do salario da

categoría para a que se vai formar (artigo 25

contratación)

Grupo III
Xefe administrativo127.1286.3562.034.042
Xefe de sección105.9425.2971.695.069
Contable, caixeiro98.8774.9441.582.027
Oficial administrativo94.1684.7081.506.694
Auxiliar administrativo ata 10 anos de servicio88.2844.4141.412.540
Auxiliar administrativo con máis de 10 anos de servicio91.8094.5901.468.951
Auxiliar de caixa89.4634.4731.431.412

Grupo IV
Debuxante120.0666.0031.921.051
Escaparatista110.6495.5321.770.385
Rotulista101.2315.0621.619.702
Cortador103.5825.1791.657.309
Axudante88.2844.4141.412.540
Profesional de oficio88.2844.4141.412.540
Axudante de oficio88.2844.4141.412.540
Mozo especializado88.2844.4141.412.540
Capataz88.2844.4141.412.540
Telefonista, mozo, envasador, embalador88.2844.4141.412.540

Grupo V
Conserxe, cobrador, vixilante, sereno e ordenanza88.2844.4141.412.540
Persoal de limpeza por xornada completa71.9733.5991.151.574
Persoal de limpeza por hora (incluído o rateo das 4 pagas extras)6303210.087