Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 16 de decembro de 1999 Páx. 14.742

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 7 de decembro de 1999 pola que se conceden subvencións a escolas de música públicas que radican na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por Orde do 9 de setembro de 1999 (DOG do 24), publícase a convocatoria pola que se establecen subvencións para escolas de música públicas e se regula o procedemento para a súa concesión.

Valoradas as solicitudes e elevada a proposta de concesión das ditas subvencións pola comisión constituída segundo o punto sétimo da orde de convocatoria, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Concede-las axudas, nas contías que se sinalan, ás escolas de música públicas que se relacionan no anexo I a esta orde.

Segundo.-Modifica-lo prazo de xustificación establecido no punto décimo primeiro da Orde do 9 de setembro de 1999 pola que se publica a convocatoria fixando novo prazo para a xustificación total das axudas ata o día 22 de decembro de 1999.

Terceiro.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes e segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Escola de música pública

Subvención

concedida/pesetas

Arzúa664.600

Carnota620.626

Cee1.069.741

Coruña, A4.195.377

Porto do Son636.195

Burela870.357

Chantada881.746

Foz546.277

Guitiriz456.934

Monforte485.856

Paradela204.788

Quiroga439.284

Ribadeo1.177.382

Sarria684.974

Sober870.575

Escola de música pública

Subvención

concedida/pesetas

Allariz567.805

Bande620.280

Barbadás786.905

Carballiño, O842.271

Ourense1.655.883

Pobra de Trives, A298.839

Ribadavia692.323

Agolada512.190

Baiona1.215.229

Caldas de Reis897.777

Cambados661.800

Cangas1.162.797

Catoira722.202

Estrada, A946.887

Marín362.849

Neves, As699.611

Porriño, O646.737

Redondela645.796

Valga838.160

Vigo3.429.360

Vila de Cruces949.763

Vilagarcía de Arousa1.039.824