Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 16 de decembro de 1999 Páx. 14.737

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de decembro de 1999 pola que se conceden subvencións a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro que radican na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por Orde do 9 de setembro de 1999 (DOG do 27) publícase a convocatoria pola que se establecen subvencións para escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro e se regula o procedemento para a súa concesión.

Valoradas as solicitudes e elevada a proposta de concesión das ditas subvencións pola comisión constituída segundo o punto sétimo da orde de convocatoria, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Concede-las axudas, nas contías que se sinalan, ás escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro que se relacionan no anexo I a esta orde.

Segundo.-Modifica-lo prazo de xustificación establecido no punto décimo primeiro da Orde do 9 de setembro de 1999 pola que se publica a convocatoria fixando novo prazo para a xustificación total das axudas ata o día 22 de decembro de 1999.

Terceiro.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes e segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación y Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Solicitante

Localidade

Subvención

concedida/pesetas

Real Sociedad Económica de Amigos del PaísSantiago de Compostela500.000

Asociación Cultural Banda de Música de VisantoñaSantiso380.337

Sociedad Recreativa San Xoán de CaloCalo-Teo346.836

Escola de Música e DanzaChantada334.353

Asociación Coral de SamosSamos163.905

Asociación da Escola e Banda de Música de Antas de UllaAntas de Ulla220.141

Banda Escola de Música de BeadeBeade-Vigo398.087

Banda de Música Cultural de LalínLalín500.000

Escola de Música Agrupación Musical do RosalO Rosal343.716

Asociación Amigos de la MúsicaSalceda de Caselas335.962

Asociación Cultural CoppeliaVigo476.663