Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 16 de decembro de 1999 Páx. 14.736

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de decembro de 1999 pola que se conceden subvencións a escolas de música privadas que radican na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por Orde do 27 de setembro de 1999 (DOG do 7 de outubro), publícase a convocatoria pola que se establecen subvencións para escolas de música privadas e se regula o procedemento para a súa concesión.

Valoradas as solicitudes e elevada a proposta de concesión das ditas subvencións pola comisión constituída segundo o punto sétimo da orde de convocatoria, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Concede-las axudas, nas contías que se sinalan, ás escolas de música privadas que se relacionan no anexo I a esta orde.

Segundo.-Modifica-lo prazo de xustificación establecido no punto décimo primeiro da Orde do 27 de setembro de 1999 pola que se publica a convocatoria fixando novo prazo para a xustificación total das axudas ata o día 22 de decembro de 1999.

Terceiro.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes e segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Escola de música

Localidade

Subvención

concedida/pesetas

Presto Vivace, S.L.A Coruña360.958

AllegroTeo168.430

EstudioSantiago de Compostela369.240

Guillelme BrownOurense187.291

BreogánO Grove163.116

A TempoPoio214.345

B. Unión de GulánsPonteareas149.557

E.M. de XinzoPonteareas193.859

S.C.D. Atlántida MatamáVigo193.204