Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 16 de decembro de 1999 Páx. 14.735

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 1999 pola que se resolve a concesión de axudas para o fomento da cooperación en materia de investigación e desenvolvemento, convocadas na Orde do 25 de agosto de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 15 de setembro).

A orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Industria e Comercio, pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas para o fomento da investigación, prevé a incentivación de actuacións de cooperación en materia de investigación básica e aplicada e desenvolvemento entre empresas e institucións que realicen este tipo de actividades, tales como centros e institutos tecnolóxicos ou departamentos universitarios.

O artigo 7 da orde de convocatoria determinaba os criterios de prioridade e o 10 que a valoración dos proxectos se fará de acordo coa Resolución do 28 de decembro de 1998 pola que se fai público o acordo do Consello da Xunta do 18 de decembro de 1998.

En consecuencia, e atendendo á proposta elaborada pola comisión técnica de valoración e en virtude das competencias atribuídas ás Consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Industria e Comercio,

RESOLVEN:

Primeiro.-Concede-las axudas para a incentivación de actuacións en materia de investigación básica e aplicada e desenvolvemento entre empresas e institucións que realicen este tipo de actividades ás empresas que se relacionan no anexo I, para os investimentos realizados no ano 1999.

Segundo.-As devanditas axudas acadarán o 45% do importe do orzamento subvencionable por tratarse de investigación aplicada e desenvolvemento.

Terceiro.-Denegárlle-las axudas ás empresas que se relacionan no anexo II polos motivos que nel se sinalan.

Cuarto.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública ou o de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, consonte os artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tri

bunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, e sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren oportuno.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación noDiario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 1999.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería

da Presidencia e Administración Pública P.D. (Orde 13-10-1999)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería

de Industria e Comercio

ANEXO I

Solicitudes aprobadas

Empresa perceptora

NIF

Entidade perceptora

Partida

orzamentaria

Centro directivo

Código do proxecto

Investimento

subvencionable

1999

Subvención

concedida

Asociación Fomento Investigación Cerámica (Aficega)G15323215Instituto Cerámica. USC04.07.432A.740S.X. de Investigación

e Densenvolvemento

PGIDT99TIN001E7.500.0003.375.000

Avances Bioquímicos Alimentación, S.A.A36114049USC04.07.432A.740S.X. de Investigación

e Desenvolvemento

PGIDT99TIN002E15.713.4007.071.030

Bajamar Séptima, S.A.A36656064A solicitante08.03.432A.770D.X. de Programas Industriais

e Infraestructuras Tecnolóxicas

PGIDT99TIN003E1.237.500556.875

Carsogal, S.L.B36813301Instituto de Investigación Mariña/Gaiker04.07.432A.740S.X. de Investigación

e Desenvolvemento

PGIDT99TIN004E11.921.0005.364.450

Dalphi Metal España, S.A.A36610244A solicitante08.03.432A.770D.X. de Programas Industriais

e Infraestructuras Tecnolóxicas

PGIDT99TIN005E78.000.00035.100.000

Factorías Vulcano, S.A.A36600740A solicitante08.03.432A.770D.X. Programas Industriais

e Infraestructuras Tecnolóxicas

PGIDT99TIN006E13.953.0806.278.886

Feiraco, S.C.L.F15016124Dpto. Enxeñería Química. USC04.07.432A.740S.X. de Investigación

e Desenvolvemento

PGIDT99TIN007E15.740.0007.083.000

Ferroatlántica I+D, S.L.B29276003A solicitante04.07.432A.770S.X. de Investigación

e Desenvolvemento

PGIDT99TIN008E1.320.000594.000

Forestal del Atlántico, S.A.A15126253Enxeñería Química da Escola Politécnica Superior de Ferrol04.07.432A.740S.X. de Investigación

e Desenvolvemento

PGIDT99TIN009E3.000.0001.350.000

Industrias Mecánicas del Noroeste, S.A. (Ienosa). Nº rexistro de entrada:27834A15084288A solicitante04.07.432A.770S.X. de Investigación

e Desenvolvemento

PGIDT99TIN0010E1.050.000472.500

Leite Río, S.L.B27015965A solicitante04.07.432A.770S.X. de Investigación

e Desenvolvemento

PGIDT99TIN0011E20.540.0009.243.000

Productos Químicos Gallegos, S.A. (Proquiga)A36646479Dpto. Microbioloxía. USC04.07.432A.740S.X de Investigación

e Desenvolvemento

PGIDT99TIN0012E15.000.0006.750.000

Queserías Prado, S.L.B27015981USC04.07.432A.740S.X. de Investigación

e Desenvolvemento

PGIDT99TIN0013E16.478.7737.415.448

Rocas Europeas de Construcción, S.A. (RECSA)A36034924GED VIGO04.07.432A.740S.X. de Investigación

e Desenvolvemento

PGIDT99TIN0014E700.000315.000

Rodman Polyships, S.A.A36610541A solicitante08.03.432A.770D.X. Programas Industriais

e Infraestructuras Teconolóxicas

PGIDT99TIN0015E1.500.000675.000

Tacore, S.L.B36019230Grupo Procesado, Dpto. Tecnoloxías das Comunicacións. Vigo.04.07.432A.740S.X. de Investigación

e Desenvolvemento

PGIDT99TIN0016E6.000.0002.700.000

ANEXO II

Solicitudes denegadas

NomeNIFMotivo de denegación

Acuicultura de Galicia, S.A.A36714582Non hai investimento no exercicio 1999

Asociación Profesional de Xóvenes AgricultoresG15200843Non se axusta suficientemente ós requisitos da orde de convocatoria

Asociación Textil de Galicia (ATG)G36140804Non hai investimento no exercicio 1999

Centro de Investigaciones Submarinas, S.L.B36650315Expediente presentado fóra de prazo

Laboratorio de Análisis Clínicos Doctores F. Lema y J. BandínB36624831Non se axusta suficientemente ós requisitos da orde de convocatoria

Máquinas y Proyectos de Galicia, S.L.B36048163Non hai investimento no exercicio 1999

Seguridad Gallega da Nosa TerraA36715217Non hai investimento no exercicio 1999

Industrias Mecánicas del Noroeste, S.A. (Imenosa). Nº rexisro de entrada: 27833A15084288Non se axusta suficientemente ós requisitos da orde de convocatoria

Empresa Nacional Bazán de C.N.M., S.A.A28043545Valoración técnica insuficiente

Industrias Mecánicas del Noroeste, S.A. (Imenosa). Nº rexistro de entrada: 27835A15084288Valoración técnica insuficiente

Mecanotaf, S.A.A27021088Concorrencia de subvencións