Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 16 de decembro de 1999 Páx. 14.735

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 29 de novembro de 1999 pola que se incrementa a contía das bolsas de predoutoramento concedidas por Resolución do 19 de agosto de 1999, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, publicada no Diario Oficial de Galicia do 15 de setembro de 1999.

Pola orde conxunta da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 9 de abril de 1999 (Diario Oficial de Galicia, do 26 de abril) convocáronse, entre outras accións, bolsas de predoutoramento en temas de investigación mariña.

Na citada orde fixouse o importe destas bolsas en 110.000 ptas. brutas mensuais e considerouse a posibilidade de incrementa-la dotación das bolsas a partir do 1 de xaneiro do ano 2000 co fin de consegui-la total homologación coas bolsas de formación de persoal investigador convocadas polo Ministerio de Educación e Cultura.

Considerando que a Secretaría de Estado de Educación, Universidades, Investigación e Desenvolvemento por Resolución do 2 de setembro de 1999 (BOE do 15 de setembro), estableceu a contía das bolsas de FPI para o ano 2000 (primeira e segunda anualidade) en 115.000 ptas./mes.

DISPÓN:

Artigo 1º

Acórdase fixa-la contía mensual das bolsas de predoutoramento concedidas por resolución da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación do 19 de agosto de 1999 (Diario Oficial de Galicia, do 15 de setembro) en 115.000 ptas. brutas mensuais desde o 1 de xaneiro do ano 2000 ata a súa data de finalización.

Este incremento financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 04.07.432A.480.0 do orzamento de gastos da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para o ano 1999.

Artigo 2º

Esta disposición pon fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c) da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

Amancio Landín Jaraiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura