Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 15 de decembro de 1999 Páx. 14.728

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 30 de novembro de 1999, o estudio de detalle e modificacións puntuais das normas subsidiarias de planeamento seguintes:

a) Estudios de detalle:

Axuste de aliñacións no ámbito do camiño da Pedra.

SCS.03-modificación nº 1-aliñacións da rúa entre a r/José Antonio e B/Pedra.

b) Modificacións puntuais:

Modificación nº 1, da ficha do SAU.04.

Modificación nº 2 anexo á Ordenanza SU.02, de edificación illada.

Promovidos polo Concello de Salceda de Caselas, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da última inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, BOP de Pontevedra e nun dos diarios de maior circulación da provincia, de acordo co artigo 44, punto 3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia; durante o dito prazo poderá ser examinado polos interesados na secretaría do concello, en horario de oficina, para formula-las alegacións ou observacións que consideren pertinentes.

Salceda de Caselas, 1 de decembro de 1999.

José M. Fernández Rodríguez

Alcalde