Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 15 de decembro de 1999 Páx. 14.728

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CÁMARA DA PROPIEDADE URBANA DE PONTEVEDRA

ANUNCIO de exposición pública do proxecto de orzamento desta cámara para o ano 2000.

De conformidade co artigo 21 do Regulamento de cámaras da propiedade urbana de Galicia, do 20 de xuño de 1991, atópase en exposición pública o proxecto de orzamento desta cámara para o próximo exercicio de 2000, nas súas oficinas, r/ Paseo de Cervantes, nº 4-1º, Pontevedra, das 9 ás 14 horas, durante o período de 15 días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que os asociados poidan presenta-las reclamacións que consideren pertinentes.

Pontevedra, 3 de decembro de 1999.

Jaime Olmedo Limeses

Presidente da Cámara da Propiedade Urbana de Pontevedra